SCAPE ROOM NO EXTERIOR

En Lalín, máis aló do século X da nosa era… existiron Protectores do seu Secreto, son persoas oriúndas ou ligadas a Lalín con grandes coñecementos nalgunha disciplina. Todos eles tiveron que superar duras probas para poder converterse nun Protector, e agora chegou o momento de elixir novos protectores.

A participación será aberta e gratuíta para todas as persoas empadroadas en Lalín.

As inscicións realízanse mediante previa solicitude dos bonos de xogo e a cobertura dos formularios de solicitude online.

Hai un límite de bonos, concedénse por orde de solicitude e primando aos solicitantes máis novos.

RESERVAR

Formulario do Concello de Lalín.

DESCARGAR APP

Pulsar para instalar APP

O XOGO CONSTA DE TRES PARTES

01 – Proba Urbana (faise a pe, andando polo centro da cidade cunha mochila)

Descubrir onde está a Caixa da Historia.

Coller dentro a Chave Urbana.

02 – Proba da Natureza (faise a pe, pero precisase o coche para ir a dous sitios da periferia). 

Descubrir onde está Caixa Pictonumérica.

Coller dentro a Chave da Natureza.

03 – Proba de Verificación (faise a pe, pero precisase o coche para ir a unha localización da periferia). 

Descubrir onde está Caixa Xeográfica.

Coller dentro a Chave dos Reis.

É un xogo en grupo para 4 persoas como máximo, que ofrece unha viaxe por toda a vila co obxectivo de descubrir o segredo que agochan as figuras ilustres. Unha secuencia de probas de enxeño onde a comunicación é fundamental. Está deseñado para que poidan participar tanto grupos de amigos como familias. Apto para todas as idades. 

 

Poderase descubrir o segredo a través das pistas dunha aplicación móbil que axudarán a resolver o misterio. Neste caso, o dispositivo móbil serve para chegar aos enigmas dispersos por todo o casco urbano.

Cas tres chaves, poderase abrir a caixa que contén

o Segredo de Lalín.

Si es o mellor situado nos rankings do xogo, serás nomeado

PROTECTOR

Estamos xa pensando en máis xogos.

Se queres formar parte dos nosos equipos de probas escríbenos en CONTACTO dicíndoo e poñerémonos en contacto contigo.